Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OURENSE MANIFÉSTASE CONTRA OS RECORTES E PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE

24 Xan 2018

A cidadanía acodeu a convocatoria de xeito masivo

A Praza Maior de Ourense ficou pequena ante os milleiros de persoas que nela se concentraron para participar hoxe mércores na concentración convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública (da que a CIG fai parte) para denunciar a política de recortes, privatizacións e a mala xestión do Goberno de Feijoo, as graves consecuencias que isto ten para garantir unha atención sanitaria de calidade; e ao tempo rexeitar as modificacións que o PP pretende introducir na Lei de Saúde.

Esta mobilización xa fora acordada como resposta aos recortes e á política sanitaria que leva aplicando o PP e que agora consolidará coa modificación da Lei de Saúde de Galiza. Xa durante os gobernos de Fraga, o Partido Popular elaborou unha lei que equiparaba a sanidade pública e a privada que foi modificada polo bipartito no ano 2008, coa aprobación unha norma que situaba a sanidade privada nun papel complementario do sistema público, algo que o PP nunca asumiu.

Hai que subliñar que dende o 2009, pecháronse máis de 700 camas hospitalarias (ás que se habería que engadir as camas non operativas no período estival), o que provoca que as/os doentes pendentes de ingreso pasen máis de 48 horas nos servizos de urxencias e un incremento das listas de espera cirúrxicas.

Manifestación o 4 de febreiro

As usuarias e usuarios son cada vez máis conscientes desta situación, de aí a resposta da cidadanía ás concentracións convocadas para a xornada deste mércores pola Plataforma SOS Sanidade Pública. Nas mesmas fíxose un chamamento á participación masiva na manifestación nacional que terá lugar o vindeiro domingo 4 de febreiro en Santiago de Composte, e que partirá da Alameda ás 12 horas.

Volver