Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
Momento da votación
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OS TRABALHADOR@S DO CONCELHO DE XINZO CONCEDEN UN RESULTADO HISTÓRICO PARA A CIG

15 Mai 2015

16 anos despois a CIG, non só revalida a súa maioría, senón que obtén case a totalidade dos delegad@s do Comité de Empresa

8 DELEGAD@S, CIG (88%), 1 DELEGAD@ CCOO (12%) 

Comezamos no 1999 un grupo de trabalhadores/as a crear o xérmolo do que é hoxe a Sección Sindical da CIG no Concelho de Xinzo de Limia.

Naquela altura, sen aínda representación, conseguimos tornar a indefinido á maior parte do persoal que soportaba umhas condicións laborais de precaridade abosluta.

Ao pouco, celebramos as eleccións sindicais e a CIG obtivo: 3 representantes, por 2 de CCOO.

Inmediatamente negociamos un Convenio Colectivo para todo o persoal laboral que foi o referente de moitos outros do País, incluíndo nel a "sonada" cláusula de despedimento improcedente que, aínda hoxe, protexe aos operarios/as das presións políticas que reciben.

No ano 2001 o Goberno Municipal intentou minorar os dereitos do Convenio Colectivo até tornalos a papel molhado. Os trabalhadores/as, masivamente, protagonizaron umha FOLGA XERAL DE 17 DÍAS que rematou coa cesión do grupo de goberno e o mantemento do Convenio.

No 2003 celebramos novas eleccións sindicais e a CIG voltou ganhar, aumentando a súa representación, a 4 representantes, con CCOO con 1 representante.

No 2005 recolocamos a varios trabalhadores/as da Mancomunidade da Limia no Concelho de Xinzo de Limia, ademais de continuar a estabilizar os postos de trabalho de moitos outros.

No 2007 negociamos o conhecido como "Acordo do 15 de maio", polo que a maioria dos trabalhadores/as, sen excpecións de grupo sindical ou doutro tipo, foron reclasificados profesionalmente e tornadas ducias de relacións laborais precarias a estábeis. Umha moi produtiva negociación, tanto para o ente municipal, como para os trabalhadores/as, protagonizada, xunto connosco, polo daquela Alcalde do Concelho: Isaac Vila.

No 2007 celebraronse as 4º eleccións sindicais e a CIG arrasou, obtendo 7 representantes, CCOO: 1 e a CSIF: 1.

Entre 2007 e 2011 foron executándose os efectos do citado "Acordo do 15 de maio", dos que se beneficiaron ducias de companheiros da CIG, CCOO, CSIF e non afiliados/as. Aínda que algúns agora fagan que non se enteran, tenhen o que tenhen grazas a coherencia doutros, os da CIG, da que eles carecen.

No 2011 houbo novas eleccións sindicais, conservando a CIG os mesmos resultados: CIG: 7, CCOO: 1, CSIF: 1.

No 2012 o novo Alcalde do Concelho suspendeu, unilateralmente, varios apartados do Convenio Colectivo, como a cláusula de despedimento improcedente, e impuxo umha rebaixa do 15% dos salarios dos trabalhadores/as. CCOO e CSIF, co voto en contra da CIG e da maioría do Comité de Empresa, pactaron, sen problemas, a citada rebaixa e perda de dereitos

Na fin do 2012 a CIG anunciou umha serie de accións dirixidas a recuperar os dereitos dos trabalhadores/as que levarían á imputación xudicial ao Alcalde do Concelho, por un delicto de prevaricación administrativa, que aínda hoxe se está a instruir nos Xulgados.

No 2014 a CIG e os trabalhadores/as anulamos, xudicialmente, umha especie de RPT aprobada e imposta polo Concelho e aceptada polos minoritarios, CCOO e CSIF, que constituía o primeiro paso para desestabilizar os postos de trabalho de todos os operarios/as municipais

Tamén, no 2014, os trabalhadores/as e a CIG conseguemos a recuperación, xudicial, de 195 días da paga extra de decembro do 2012. Mentres outros, noutros AAPP, conseguían 44 días. Este beneficio, como todos, abrangueu á totalidade dos operarios/as municipais, sen distinción de adscrición sindical ou calqueraoutra.

No 2015 a CIG e o Concelho retomamos as negociacións e conségueuse un primeiro acordo que implicou a rebaixa da redución salarial do 15% ao 7,5% e, posteriormente, do 7,5% ao 5%. Ademais, a CIG e o Concelho pactamos a rehabilitación da cláusula de despedimento improcedente a favor de todos os trabalhadores e trabalhadoras.

Hoxe, día 15 de Maio do 2015, os trabalhadores e trabalhadoras municipais venhen de darnos/darse umha vitoria histórica: de cada 10 votos 8,8 foron pra CIG (68 votos), obtendo 8 representantes de 9 elixíbeis. CCOO (14 votos), 1 representante.

Grazas aos nosos votantes e afiliados/as, porque tenhen o 1/68 de culpa neste éxito.

Grazas aos membros do Comité de Empresa da CIG, pola súa total entrega a este proxecto e pola súa confianza nas persoas que dirixen o sindicato na zona.

Grazas aos trabalhadores/as do Conservatorio, por ser, ademais de excelentes músicos/as, inmelhorábeis companheiros/as.

Grazas aos trabalhadores/as da Brigada (ou Brigadas) por configurar a espinha dorsal da CIG no Concelho desque no ano 99 conseguimos formalizar esta sociedade que, agora, é xa amizade.

Grazas aos trabalhadores/as da Casa do Concelho, da Casa da Cultura e do Pavilhón de Deportes, por saber soportar a máxima presión, coa máxima dignidade e coa máxima coherencia.

Grazas ás operarias de Axuda no Fogar, da Limpeza e dos Colexios, porque, aínda que son as que piores condicións laborais tenhen de todos e todas, como formiguinhas sempre saben estar cando hai que estar pra pór o seu importante grau de area.

Grazas aos gaiteiros e profesores de gaita e percusión, por ter a melhor Banda de Gaitas do Pais, e por ser companheiros dos seus companheiros/as.

Grazas, en definitiva, a todos os trabalhadores/as do Concelho de Xinzo pola súa forza, nestes últimos e difíceis 4 anos.

Se noutros ámbitos fixéramos así, Galiza non sería un País de terceira, desgobernado por xente que non lhe quer.

 

Volver