Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OS CONCELHOS ESTÁN COMEZANDO A CONVOCAR PRAZAS PRAS QUADRILHAS DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS DO VERAO

26 Xun 2014

A maioría dos Concelhos de Monterrei, A Limia e Conso Frieiras están comezando a publicar os procesos selectivos pra contratación de trabalhadores/as pras quadrilhas de extinción de incendios

Todos os trabalhadores e trabalhadoras tenhen dereito a participar en pé de igualdade

Dende o día 25 de Xunho, os Concelhos das Comarcas de Monterrei, A Limia e Conso Frieiras están publicando nos tabueiros de anuncios municipais as Bases pra participar nos procesos selectivos de cara a contratar trabalhadores/as nas quadrilhas municipais de extinción de incendios.

Os prazos que, os Concellos, están conferindo, aos que desexen participar na selección, son mínimos. Nalgún caso tan só 3 días pra presentar a solicitude.

Debes pasar polas oficinas municipais urxentemente e requirir información sobre o tema, así como que che entreguen umha copia das Bases de Selección, se che interesa participar.

No caso de que che digan que aínda non foron publicadas, solicitalhes que te indique a data aproximada de publicación das Bases de Selección.

Se algún Concelho se nega a darche información ou subministrache copia das bases de selección, pono no conhecimento da CIG pra que formulemos a denuncia correspondente.

Se tes algumha dificultade á hora de cumprimertar a solicitude, pasa polos locais da CIG de Verín ou Xinzo de Limia.

 

Volver