Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OS BOMBEIROS DE VERIN, XUNTO COS DO RESTO DO PAIS, MOBILÍZANSE CONTRA A PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO

06 Mai 2015

Hoxe, simultaneamente, en toda Galiza os bombeiros de 30 parques mobilizáronse contra a privatización dos servizos de emerxencias que vai impor o PP

Ao pé do Castelo de Monterrei, os bombeiros da comarca, concentráronse, no día de hoxe, baixo o lema: RESCÁTANOS, pra denunciar a intención, de privatización dun servizo fundamental para a cidadanía, do actual goberno da dereita.

A este paso, o Partido Popular, cuxo único obxectivo é constituir negocios con todos os servizos públicos, vai acabar por privatizar a propia Xunta de Galiza, se a cidadanía non se ergue contra a política de: "servizos pra quen tenha cartos".

Nos próximos días os cidadáns e as cidadás teremos umha ocasión inmelhorábel pra despexar dos gobernos locais aos responsábeis do desmantelamento do estado social de dereito. Non nos equivoquemos hai responsábeis e están no goberno e se non os "desafiuzamos" de imediato, serán eles quen supriman, un tras outro, todos os dereitos cidadáns, pra entregarlhos a empresas amigas.

Volver