OS AFILIADOS E AFILIADAS DA CIG PODEN CUMPRIMENTAR, DE BALDE, A DECLARACIÓN DA RENDA DO 2013 NOS LOCAIS DE VERÍN E XINZO DE LIMIA
Dende o día 1 de Abril e deica o 25 de Xunho
Dende o 1 de Abril de 2014 e deica o 25 de Xunho de 2014 todos os afiliados e afiliadas da CIG que o desexen poden usar o Servizo de Cumprimentación de Declaracións da Renda da CIG, de xeito gratuíto.
Aqueles/as afiliados/as da CIG que decidan cumprimentar a súa declaración da renda, por medio do Servizo de cumprimentación da Unión Local de Verín e A Limia, haberán aterse ao seguinte procedimento:
a) Tenhen de solicitar cita previa, chamando aos locais da CIG de Verín (988412345) ou de Xinzo de Limia (988462583), a efectos de evitar esperas innecesarias.
b) Tenhen de achegar, o día asignado, os seguintes documentos:
- DOCUMENTOS DE IDENTIDADE DA UNIDADE FAMILIAR
- BORRADOR DECLARACIÓN IRPF 2013
- DECLARACIÓN ANO 2.012
- TODO TIPO DE DADOS FISCAIS PRECISOS PARA A DECLARACIÓN 2013
- RENDIMENTOS DE TRABALLO.
- Certificados de empresa. Cotas satisfeitas a sindicatos. Cotas satisfeitas a partidos políticos…etc.
- RENDIMENTOS DE CAPITAL INMOBILIARIO.
- Recibo de contribución das vivendas, arrendadas, etc.
- RENDIMENTOS DE CAPITAL MOBILIARIO.
- Xuros, dividendos….etc
- RENDIMENTOS DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS
- Subvencións agrarias…etc
- GANHOS E PERDAS PATRIMONIAIS.
- Accións….etc.
- DEDUCIÓNS POR INVESTIMENTO VIVENDA HAB.
- Arrendamentos, compra, hipotecas, construción vivenda…etc.
- DEDUCIÓNS AUTONÓMICAS.
- Nacemento ou adopción fillo,familia numerosa,tecnoloxías..etc
- OUTROS QUE SE CONSIDEREN DE INTERESE
Podes descarregar, en PDF, os prazos previstos en todos os supostos pra presentar a Declaración da Renda 2013.