Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
preme na foto e accede ao PDA
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OS AFILIADOS/AS DA CIG DE VERIN, A LIMIA, VIANA E CONSO FRIEIRAS DISPONHEN DUN PROGRAMA DE DESCONTOS NA MERCA DE PRODUTOS E CONTRATACIÓN DE SERVIZOS

14 Abr 2014

Coincidindo coa publicación da nosa web, encetamos un programa de descontos e ventaxes pra afiliados e afiliadas da CIG

Que é o programa de descontos (PDA) ?

O "Programa de Descontos pra afiliados/as da CIG (PDA)” ten por obxecto construír e desenvolver umha rede de servizos sociais, destinados a beneficiar aos trabalhadores/as e desempregados/as que estean afiliados/as á CIG, con descontos na merca de produtos e contratación de servizos, ofertados por un colectivo de empresas colaboradoras asociadas.

A quen vai dirixido ?

A CIG, ao promover a constitución e organización dun Programa de Descontos, mediante a subscrición de convenios de colaboración con empresas, pretende estabelecer umha OFERTA PERMANENTE E GRATUÍTA DE SERVIZOS CON DESCONTOS ECONÓMICOS E VENTAXES PROS SEUS AFILIADOS/AS DAS ZONAS DE VERÍN, A LIMIA E CONSO-FRIEIRAS.

Accede ao Programa:

Se es afiliado ou afiliada da CIG e queres beneficiarte do programa de descontos do sindicato, podes obter mais información accedendo ao apartado Programa de Descontos desta páxina web ou premendo directamente sobre a foto.

No citado apartado dispós da relación de empresas asociadas ao programa, de información sobre o tipo de descontos que ofertan e do sistema que tes de seguer pra beneficiarte dos mesmos. 

A medida que vaiamos conseguindo novos convenios de asociación con empresas, irémolas publicando no apartado: Programa de Descontos.

Volver