Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAS DE EMPREGO PARA DOCENTES NO CONCELLO DA BOLA

30 Ago 2017

Impartirán tres cursos AFD

O concello da Bola fai público no BOP do 30 de agosto, por resolución da alcaldesa de data 23 de agosto do 2017, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación de docentes para impartir os cursos “Atención sociosanitaria a persoas nos domicilio”, “Dinamización comunitaria”, e “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”. A duración do contrato abranguerá a duración do curso. A clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes será nos tres días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP (30/8/17), no rexistro xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres ou por calquera dos medios previstos na lei. Máis información, nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.         

Volver