Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN UNHA PRAZA TEMPORAL DE SOCORRISTA NO CONCELLO DE PORQUEIRA

15 Xun 2018

Trátase dun contrato de tres meses

O concello de Porqueira fai público no BOP do 15 de xuño a convocatoria para a contratación laboral dunha praza de socorrista con contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado a xornada completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos, e a duración do contrato será de 3 meses. O salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias) é de 1.382,09 €. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección é de cinco días dende a publicación BOP, no rexistro xeral do concello de Porqueira, en horario de 9.00 a 14.30 horas, de luns a venres. O texto íntegro das bases de selección está a disposición d@s interesad@s nas oficinas do concello de Porqueira. (Estrada de Xinzo a Bande, número 4, Forxa-Porqueira).

Volver