Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN UNHA PRAZA DE SOCORRISTA NO CONCELLO DE MUIÑOS

07 Xun 2017

Contratarán por dous meses

O concello de Muíños, por acordo da xunta de goberno local extraordinaria de data de 26 de maio de 2017, aprobou as bases para a selección de persoal laboral temporal mediante concurso-oposición ( procedemento de urxencia) para cubrir unha praza de socorrista piscinas municipais, con modalidade da contratación mediante un contrato por obra ou servizo de duración determinada. A duración do contrato será de 2 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso-oposición. As bases da convocatoria poderán consultarse no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (www.concellomuinos.com). O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación no BOP (7/6/17), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Volver