Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN UN POSTO TEMPORAL NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

16 Xun 2018

É unha praza de monitor/a de actividades recreativas e de entretemento

O concello de Xunqueira de Ambía fai pública no BOP do 16 de xuño a convocatoria para a contratación laboral segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 29.05.2018 para unha praza de monitor/a de actividades recreativas e de entretemento. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal, de luns a venres, de 09.30 a 13.30 h. e a duración do contrato dende o 01.06.2018 até o 15.08.2018. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais son de 600,00 €/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Xunqueira de Ambía, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección está publicados no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello.

Volver