Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTAN UN POSTO TEMPORAL NO CONCELLO DE BALTAR

15 Xun 2018

É para un/ha chófer de máquina rozadora

O concello de Baltar fai público no BOP do 15 de xuño a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 11/06/2018 para a praza dun/ha chófer de máquina rozadora. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal a xornada completa, sendo a duración do contrato de catro meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais serán de 873,83 €/mes (incluídas pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o día seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Baltar, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. O texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver