Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN UN POSTO DE PIÓN NO CONCELLO DE CASTRELO DO VAL

19 Xun 2018

Trátase dun contrato temporal

O concello de Castrelo do Val fai pública no BOP do 19 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión do posto de traballo dun/ha pión de medio ambiente. O alcalde, por decreto do día 14 de xuño de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente a un/ha pión de medio ambiente. Os/as interesados/as poderán presentaras súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web: www.castrelodoval.gal.

Volver