Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTAN TRES PRAZAS NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

21 Feb 2018

Son postos para 1 administrativ@, 1 técnico informátic@ e 1 condutor/a de tractor rozadora

O concello de Calvos de Randín fai públicos no BOP do 21 de febreiro tres anuncios ofertando tres postos laborais a xornada completa para:

- Administrativ@

- Técnic@ informátic@

- Condutor/a de tractor rozadora

A continuación o detalle das convocatorias:

Convocatoria para a contratación laboral dun/ha administrativo/a, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 29-01-2018:

1º.- Número e denominación das prazas: 1 administrativo/a.

2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.

3º.- Duración do contrato: oito meses.

4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo pasará ao luns seguinte, no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro Organismo oficial, remitirá a o correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia da mesma o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

 

Convocatoria para a contratación laboral de técnico/a informático/a con formación acreditada en asesoría fiscal, Lei xeral tributaria, impostos sobre sociedades e impostos locais, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía con data 29-01-2018:

1º.- Número e denominación das prazas: 1 técnico/a informático/a acreditada en asesoría fiscal, Lei xeral tributaria, impostos sobre sociedades e impostos locais.

2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.

3º.- Duración do contrato: oito meses.

4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo pasará ao luns seguinte, no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá  o correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicada no taboleiro de anuncios do concello.

 

Convocatoria para a contratación laboral de condutor/a de tractor, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía con data 29-01-2018:

1º.- Número e denominación das prazas: 1 condutor/a de tractor.

2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.

3º.- Duración do contrato: seis meses.

4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo pasará ao luns seguinte, no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá a o correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver