Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN TRES PRAZAS NO CONCELLO DE BALTAR

26 Feb 2018

Son postos temporais para auxiliares de axuda no fogar

O concello de Baltar fai pública no BOP do 26 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral temporal que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 22/02/2018:

1.- Número e denominación da praza: 3 auxiliares de axuda no fogar (xornada a tempo parcial, de luns a domingo).

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado

3.- Duración do contrato: 6 meses. 4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Retribucións totais: 476,00 €/mes (incluida pppe).

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro e anuncios do concello e na sede electrónica municipal; http://baltar.sedelectronica.gal.

Volver