Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE BOBORÁS

17 Abr 2018

Son pra dous operarios/as de servizos múltiples e un/unha guía turístico municipal

O concello de Boborás fai públicos no BOP do 17 de abril, por acordo da xunta de goberno local, na sesión realizada o día 11/04/2018, a aprobación das bases reguladoras para a contratación laboral temporal de dous operarios/as de servizos múltiples e dun/dunha guía turístico municipal. O prazo de presentación de instancias será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP. As bases estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal (www.boboras.gal) e no propio taboleiro da casa do concello.

Volver