Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN ONCE PRAZAS NO CONCELLO DE PORQUEIRA

06 Xun 2017

Son para un/ha socorrista e dúas brigadas de prevención de incendios

O concello de Porqueira fai publica no BOP do 6 de xuño as convocatorias para as contratacións laborais seguintes:

1 praza de socorrista con modalidade de contratación por contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado e xornada completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. O sistema de selección é por concurso de méritos e a duración do contrato é de 3 meses. O salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias) é de 1.382,09 €. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección é de cinco días hábiles dende a publicación no BOP, no ¡rexistro xeral do concello de Porqueira, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. O texto íntegro das bases de selección está a disposición d@s interesad@s nas oficinas do concello de Porqueira. (Estrada de Xinzo a Bande, número 4, Forxa-Porqueira) 

Tamén por decreto da alcaldía de data de 1 de xuño de 2017, aprobáron as bases específicas para a selección, e posterior contratación, de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a consellaría do Medio Rural e do Mar e o concello de Porqueira para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa. A denominación dos postos:
2 xef@s de brigada, 2 pións - condutor@s con carné B e seis pións de brigada. A duración do contrato é de tres meses. A clase de persoal é laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes é nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación da convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello de Porqueira en horario de oficina.

 

Volver