Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN NO CONCELLO DE TOEN 5 PRAZAS

16 Xun 2017

Formarán a brigada antiincendios forestais

O concello de Toen publica no BOP do 16 de xuño, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir 5 postos de traballo de persoal laboral temporal, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso (Exp. 199/2017, Convenio colaboración coa Consellaría do Medio Rural). Número e denominación dos postos: 1 xefe/a, 1 pión condutor e 3 pións da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Toén. A modalidade de contratación son contrato laborais temporais por obra/servizo determinado a tempo completo, sendo a duración do contrato de 3 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal http://concellodetoen.sedelectronica.es. O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación no BOP (16/6/17), no rexistro do Concello de Toén (rúa Vilar 65, 32930 Toén), en horario de 8.30 a 14.30 horas, ou por calquera outro medio admitido en Dereito.

Volver