Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN DÚAS PRAZAS TEMPORAIS NO CONCELLO DA GUDIÑA

10 Feb 2018

Son contratos de 7 meses de duración

O concello da Gudiña fai público no BOP, por Resolución da alcaldía de data 23 de xaneiro de 2018, a aprobación das bases que rexerán a contratación de 2 traballadores, para os servizos nomeados “peón condutor tractor rozadora” e “mecánico parque móbil”, ao abeiro do Programa Provincial de Cooperación cos concellos en materia de empregabilidade, para o exercicio 2018, da Deputación Provincial. A clases de persoal será laboral temporal e a súa duración de 7 meses. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles (agás sábados), contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (10/02/18), no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Poderán consultar máis información nas bases específicas da convocatoria nas oficinas municipais deste concello.

Volver