Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN DÚAS PRAZAS NO CONCELLO DE LOBIOS

19 Mai 2018

Realizarán obras para a limpeza, conservación e mantemento de camiños, espazos públicos e parques

O concello de Lobios fai pública no BOP do 19 de maio a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 11.05.2018 para dous/dúas traballadores/as para a realización de obras para a limpeza, conservación e mantemento de camiños, espazos públicos e parques no termo municipal de Lobios durante 6 meses ao abeiro do Programa Provincial de Coperación en materia de empregabilidade 2018. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal a xornada completa, tendo o contrato unha duración de seis meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos, e as retribucións totais son de 911,25 €/mes (incluída pppe). O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Lobios ou por calquera dos medios admitidos en dereito.  A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal: http://lobios.sedelectronica.gal

Volver