Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTAN DOUS POSTOS TEMPORAIS E UNHA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELLO DE PORQUEIRA

09 Feb 2019

Traballarán na residencia de maiores

O concello de Porqueira fai públicas no BOP do 9 de febreiro as seguintes convocatorias:

Convocatoria para a contratación laboral, en cumprimento do Decreto da Alcaldía con data 06.02.19.

1. Número de prazas: 1.

2. Denominación: enfermeira/o a media xornada.

3. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.

4. Xornada: media xornada.

5. Sistema de selección: concurso de méritos.

6. Duración do contrato, 12 meses.

7. Salario bruto mensual: segundo convenio.

8. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: cinco días naturais dende a publicación do anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Porqueira, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

9. O texto íntegro das bases de selección está a disposición das/os interesadas/os nas oficinas do concello de Porqueira. (Estrada de Xinzo a Bande número 4, Forxa-Porqueira)

 

Convocatoria para a contratación laboral, en cumprimento do Decreto da Alcaldía con data 06.02.19.

1. Número de prazas: 1.

2. Denominación: cociñeiro para a Residencia de Maiores de Porqueira.

3. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.

4. Xornada: completa, 40 horas semanais,

5. Sistema de selección: concurso de méritos.

6. Duración do contrato, 12 meses.

7. Salario bruto mensual: segundo convenio

8. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: cinco días naturais dende a publicación do anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello de Porqueira, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

9. O texto íntegro das bases de selección está a disposición das/os interesadas/os nas oficinas do concello de Porqueira. (Estrada de Xinzo a Bande número 4, Forxa-Porqueira)

 

Bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais como xerocultoras/es, para prestar servizos na Residencia de Maiores de Porqueira, segundo resolución da alcaldía con data 06.02.19.

1. Denominación das prazas: xerocultoras/es para a Residencia de Maiores de Porqueira.

2. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal.

3. Duración da lista: 2 anos.

4. Sistema de selección: concurso de méritos.

5. Prazo e lugar de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Na mesma data e horario poderanse consultar as bases.

Volver