Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTAN DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

07 Xul 2017

Son postos temporais a xornada completa para un/ha socorrista e un/ha pión forestal

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 7 de xullo a convocatoria para a contratación laboral de socorrista e pión forestal, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 3-07-2017:
1º.- Número e denominación das prazas: 1 de socorrista e 1 de pión forestal.
2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral con xornada completa.
3º.- Duración do contrato: dous meses para a praza de socorrista e catro meses para a do peón forestal.
4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación no BOP (7/07/17), se o último día cae en sábado ou domingo, pasará o luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá a o correo deste concello ( concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia da mesma o mismo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

Volver