Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN CINCO PRAZAS NO CONCELLO DE RIÓS

22 Mar 2018

Son contratacións laborais temporais

O concello de Riós fai público no BOP do 22 de marzo o anuncio polo cal a alcaldía, mediante resolución con data 02 de marzo de 2018, aprobou as seguintes bases:
- Chofer máquina rozadora (Un). Sistema de selección: concurso-oposición.
- Pións de obras públicas (Dous). Sistema de selección: concurso-oposición.
- Monitor/a de ocio e cultura (Un). Sistema de selección: concurso-oposición.
- Persoal de apoio PAI de Riós (Un). Sistema de selección: concurso de méritos.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o
prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP (22/03/2018).
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases,que se atopan a disposición do público na páxina web: concelloderios.sedelectronica.gal.

Volver