Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN CINCO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DA BOLA

09 Xun 2018

Son postos de pións, pións condutor@s e xef@s de brigada

O concello da Bola, por resolución da alcaldesa, de data 26 de maio do 2018, aprobou as bases para a selección e posterior contratación de cinco traballador@s para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios. A denominación dos postos: un/ha xefe/a de brigada, un/ha pión-condutor/a de brigada e tres pións de brigada. A duración do contrato é de tres meses, a clase de persoal é laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes farase nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOP no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres ou por calquera dos medios previstos na Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver