Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN CATRO POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

21 Xun 2018

Formarán unha brigada forestal

O concello de San Cibrao das Viñas fai público no BOP do 21 de xuño as bases reguladoras da convocatoria urxente mediante concurso- oposición para a contratación laboral temporal de 1 xefa/e de brigada, 1 pión condutor/a e 2 pións ao abeiro do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de San Cibrao das Viñas para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2017 e 2018 cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no Marco do PDR de Galicia 2014-2020”)

Se queres ollar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver