Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTAN 8 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE MONTERREI

16 Mar 2019

Son pra capataz de brigada e pións

O concello de Monterrei fai pública no BOP do 16 de marzo a convocatoria de selección de persoal para a provisión de postos de traballo pra 1 capataz de brigada e 7 pións de mantemento de espazos naturais. A alcaldía, mediante resolución do 14 de marzo de 2019, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación de 1 capataz de brigada e 7 pións de mantemento de espazos naturais. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver