Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN 8 POSTOS DE AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO NO CONCELLO DE BALTAR

27 Xun 2018

Trátase de contratos temporais

O concello de Baltar fai pública no BOP do 27 de xuño a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 22/06/2018 para 8 prazas de auxiliares de axuda a domicilio con modalidade de contratación mediante contrato laboral temporal a xornada parcial (20 horas). A duración do contrato será de seis meses e o sistema de selección por concurso de méritos. As retribucións brutas mensuais serán de 476,00 €/mes (incluidos pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o día seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Baltar, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello.

Volver