Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN 7 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MONTERREI

06 Mar 2018

Son pra un/ha capataz de brigada e seis pións de mantemento de espazos naturais

O concello de Monterrei fai pública no BOP do 6 de marzo a convocatoria de selección de persoal para a provisión de postos de traballo pra un/ha 1 capataz de brigada e seis pins de mantemento de espazos naturais. A alcaldía, mediante resolución do 1 de marzo de 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación de un/ha capataz de brigada e seis pións de mantemento de espazos naturais. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.monterrei.es

Volver