Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN 5 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA GUDIÑA

29 Xun 2018

Formarán a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

O concello da Gudiña fai público no BOP do 29 de xuño a contratación de persoal laboral temporal para as prazas de tres pións, un/ha pión condutor/a e un/ha xefe/a de brigada de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. A modalidade contractual será de obra ou servizo determinado a xornada completa do artigo 15.1 do Estatuto dos traballadores por un período de tres meses. O procedemento selectivo e documentaciónA establecida nas bases reguladoras de contratación aprobadas por decreto da alcaldía do 7 de xuño de 2018. O prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles (agás sábados) dende o día seguinte á publicación no BOP e presentaranse no rexistro xeral do concello da Gudiña. As bases atópanse a disposición do público no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: http://agudina.sedelectronica.gal  As contratacións están financiadas a través do convenio entre a consellaría do medio rural da xunta de Galicia e o concello da Gudiña para a creación de 1 brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Volver