Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN 3 POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE MONTEDERRAMO

31 Mai 2018

Son para pións forestais

O concello de Montederramo fai público no BOP do 31 de maio Por Resolución de Alcaldía con data 29.05.2018, a aprobación das bases para a contratación de 3 peóns para limpeza forestal por 9 meses a xornada completa financiados polo programa Aprol Rural. Os postos cubriranse mediante concurso, entre traballador@s que acrediten a condición de desempregados e figuren como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. O prazo para presentación de instancias polos interesados é de tres días naturais dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP de Ourense. As bases do concurso están a disposición d@s interesad@s na oficina xeral do concello de luns a venres e de 9.00 a 14.00 horas, así como na páxina web www.montederramo.es e no taboleiro de edictos municipal.

Volver