Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN 25 POSTOS TEMPORAIS NA MANCOMUNIDADE SANTA AGUEDA

22 Xun 2018

Conformarán as brigadas forestais

A mancomunidade de concellos de Santa Águeda fai pública no BOP a convocatoria para a selección de vinte e cinco traballadores para as brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais para a Mancomunidade de Concellos Santa Águeda.
Convocatoria para a contratación laboral que se indica:
1. Número de prazas: 25 (Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural e do Mar).
• 5 Xefes de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
• 5 Peóns condutores de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
• 15 Peóns de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
2.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
3.- Xornada: completa
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Duración do contrato: 3 meses.
6.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no Rexistro Xeral da Mancomunidade de Concellos Santa Águeda en horario de 9.00 a 14.00 horas. (Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte).
7.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios da sede da Mancomunidade e nos respectivos concellos, así como nas páxinas web destes.

Volver