Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTAN 22 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDIN

07 Xun 2017

Son pra distintos servizos do concello

O concello de Calvos de Randín fai dúas convocatorias que publica no BOP do 7 de xuño. A primeira é  para a contratación laboral de 5 condutores/as de vehículos contra incendios e 12 pións forestais, e a segunda é para a contratación laboral de 5 auxiliares de axuda a domicilio,

Convocatoria para a contratación laboral de condutores/as de vehículos contra incendios e pións forestais, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 22-05-2017:

1º.- Número e denominación das prazas: 5 de condutores/as de vehículos contra incendios e 12 de peóns forestais.

2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.

3º.- Duración do contrato: dous meses e medio- tres meses para os condutores/as de vehículos forestais e catro meses para os pións forestais.

4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación no BOP (7/6/17), -se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte-, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

 

Convocatoria para a contratación laboral de auxiliares de axuda a domicilio, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 23-05-2017:

1º.- Número e denominación das prazas: 5 de auxiliares de axuda a domicilio.

2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a tempo parcial (sen xornada completa).

3º.- Duración do contrato: seis meses.

4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste Concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello

Volver