Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTAN 14 POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE BOBORÁS

27 Xun 2019

Formarán as dúas brigadas contra incendios forestais do concello

O concello de Boborás fai pública no BOP do 27 de xuño a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: 2 xefas/es de brigada, 2 pións-condutoras/es e 6 pións. Mediante a resolución da Alcaldía do 25 de xuño do 2019 aprobáronse as bases reguladoras ás que se axustará o concurso oposición para a selección e contratación temporalmente de 2 xefas/es de brigada, 2 pións-condutoras/es e 6 pións. As/Os interesadas/os poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 8:00 a 14.30 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de 5 días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web: www.boboras.gal

Volver