Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN 12 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MUIÑOS

15 Mai 2018

Formarán a brigada antiincendios forestais, socorrista para a piscina e monitor/a de tempo libre

O concello de Muíños publica no BOP do 15 de maio tres convocatorias para postos na brigada antiincendios forestais, socorrista para a piscina e monitor/a de tempo libre. Son as seguintes:

Convocatoria para a contratación laboral que se indica segundo as bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local de 7 de maio de 2018:
1.- Número e denominación das prazas (Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural): 2 xef@s de brigada, 2 pións condutor@s e 6 pións forestais para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa.    3.- Duración do contrato: 3 meses.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Prazo e lugar de presentación de instancias: nos cinco días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio de
convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6.- Exposición de bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (concellomuinos.com).

Por Acordo da Xunta de Goberno Local de data de 7 de maio de 2018, aprobáronse as bases para a selección de persoal laboral temporal mediante concurso-oposición para cubrir unha praza de monitor deportivo, de ocio e tempo libre e socorrista piscinas municipais.
1.- N.º prazas ofertadas: 1.
2.- Modalidade da contratación: contrato por obra ou servizo de duración determinada.
3.- Duración do contrato: 12 meses.
4.-Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Bases da convocatoria: poderán consultarse no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello:
concellomuinos.com
6.- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles conta:horas, de luns a venres, ou por calquera outro medio
admitido en dereito.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local de data de 7 de maio de 2018, aprobáronse as bases para a selección de persoal laboral temporal mediante concurso-oposición (procedemento de urxencia) para cubrir unha praza de socorrista piscinas municipais.
1.- N.º prazas ofertadas: 1.
2.- Modalidade da contratación: contrato por obra ou servizo
de duración determinada.
3.- Duración do contrato: 2 meses.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Bases da convocatoria: poderán consultarse no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello: concellomuinos.com
6.- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados dende o día seguinte o da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

 

Volver