Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN 11 CONTRATOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE SANDIAS

05 Xun 2018

Formarán a brigada forestal e contratarán a un/ha auxiliar para a biblioteca

O concello de Sandias publica dúas ofertas con un total de 11 postos temporais. No BOP do 5 de xuño aparecen publicadas as bases de selección para contratación de persoal para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais para o exercicio 2018 e as bases de selección para contratación dunha persoa para atención da Biblioteca e da Casa da Lagoa.

BRIGADAS FORESTAIS

Unha vez aprobadas as bases de selección para contratación de persoal para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais para o exercicio 2018, publícase o resume da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento o concurso- oposición (Convenio coa Xunta para a prevención e extinción de incendios forestais, cofinanciado fondos FEADER):
1.- Número e denominación das prazas:
- 8 traballadores como peóns de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais con disposición de condución.
- 2 traballadores como xefes de brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
3.- Duración do contrato: tres meses.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: ante a necesidade da contratación e cumprimento dos prazos de xustificación da subvención e realización do servizo, dez días naturais contados dende o seguinte a publicación no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 h (si o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.
6.- O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás situado nas oficinas municipais, na súa páxina web (www.sandias.es) e na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal)
7.- Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na página web do concello (www.sandias.es), na sede electrónica (sandias. sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás.

AUXILIAR BIBLIOTECA

Unha vez aprobadas as bases de selección para contratación dunha persoa para atención da Biblioteca e da Casa da Lagoa, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento o concurso (Subvención Mocidade da Deputación Provincial de Ourense):
1.- Número e denominación das prazas: auxiliar para atención da Biblioteca e do Centro de Interpretación Casa da Lagoa.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/ servicio determinado a tempo completo.
3.- Xornada: completa.
4.- Sistema de selección: concurso.
5.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: dez días naturais contados dende o seguinte a publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.30 h (si o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte) ou calquera dos medios establecidos na Lei 39/2015.
1. O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello, situado nas oficinas municipais, na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal) e na súa páxina web (www.sandias.es).
2. Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do concello (www.sandias.es), sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás

Volver