Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN 10 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CUALEDRO

25 Mai 2018

Formarán a brigada antiincendios forestais

O concello de Cualedro fai pública no BOP do 25 de maio a convocatoria de selección de persoal para a provisión dos postos de traballo pra 2 xef@s de brigada, 2 pións-condutor@s e 6 pións. A alcaldía, mediante resolución do 22 de maio 2018, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente a 2 xef@s de brigada, 2 pións-condutor@s e 6 pións. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 h, durante o prazo de cinco días hábiles seguintes ao da publicación no BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello e na páxina web www.cualedro.es

Volver