Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTAN 10 POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE BALTAR

11 Xul 2018

Son para a brigada de incendios forestais

O concello de Baltar fai público no BOP do 11 de xullo a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía para as prazas de 6 pións forestais para a brigada de prevención e defensa deincendios forestais 2 xef@s de brigada para a brigada de prevención e defensa de incendios forestais e 2 pións condutor@s para a brigada de prevención e defensa de incendios forestais. A modalidade das contratacións serán contratos laborais temporais a xornada completa. A duración dos contratos é de tres meses, para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais son para os pións forestais: 982,53 € brutos/mes (incluídas pppe); para os pións condutor@s 982,53 € brutos/mes (incluídas pppe), para @s xef@s de brigada 1100,00 € brutos/mes (incluidas pppe). O prazo de presentación de instancias é de 3 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Baltar, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. O texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal.

Volver