Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA NO CONCELLO DA BOLA PRA DOUS OFICIAIS DE 3ª

20 Mai 2019

Ofertan un contrato por acumulación de tarefas

O concello da Bola fai pública no BOP do 20 de maio por resolución da alcaldesa, de data 15 de maio do 2017, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación de dous oficiais de 3ª. Duración do contrato: por acumulación de tarefas. Clase de persoal: laboral temporal. Prazo de presentación das solicitudes: nos tres días hábiles seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, ou por calquera dos previstos na Lei. Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina

Volver