Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA TEMPORAL DE TRADUTOR/A NA DEPUTACIÓN DE OURENSE

27 Abr 2019

Trátase dun contrato de tres meses de duración

A deputación de Ourense fai pública no BOP do 27 de abril a convocatoria e bases de selección como persoal laboral temporal dun/ha tradutor/a de galego para o gabinete de galego polo procedemento especial de urxencia. Trátase dun posto de tradutor/a de lingua galega. Terá contrato eventual por circunstancias da produción cunha duración do tres meses máximo. O procedemento selectivo será sempre o concurso, aplicándose para estes efectos o baremo establecido no artigo 6.1 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense (BOP do 1 de agosto de 2014).  O perfil requirido para a contratación: estar en posesión da titulación de licenciatura en filoloxía galega, filoloxía hispánica (subsección de galego-portugués), filosofía e letras (sección filoloxía hispánica, subsección galego-portugués), grao en ciencias da linguaxe e estudos literarios (galego e español), estudos de galego e español, galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios, lingua e literatura galegas, licenciatura ou grao en tradución e interpretación sempre que o plan de estudos inclúa formación en lingua galega e castelán ou equivalentes. O prazo e lugar para a presentación de instancias é de 5 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP e na sede electrónica da Deputación, no rexistro xeral de entrada de documentos da Deputación Provincial de Ourense, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro (norma que se estima vixente de acordo co establecido na disposición derrogatoria única en relación coa disposición final 7.ª da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas) do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Neste último caso, rógase que se envíe copia da instancia no número de fax (988317502) á espera de recibir o orixinal por correo ordinario.

Se queres descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver