Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA TEMPORAL DE AUXILIAR ADMINISTRATIVA/O NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBIA

18 Abr 2018

Terá unha duración de 8 meses

O concello de Xunqueira de Ambía fai pública no BOP do 18 de abril a convocatoria para a contratación laboral dun/ha auxiliar administrativo/a. A modalidade de contratación será mediante contrato laboral temporal,de luns a venres, de 09.00 a 14.00 h. A duración do contrato será de 8 meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais son de 1.250,00 €/mes (incluía pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados dende o seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Xunqueira de Ambía, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. O texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello.

Volver