Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE TRADUCTOR/A DE GALEGO NA DEPUTACIÓN DE OURENSE

24 Xun 2017

Trátase dun contrato laboral temporal

A deputación de Ourense fai públicas, no BOP do 24 de xuño, as bases para a contratación laboral temporal dun/dunha tradutor/a de galego para o Gabinete de Galego; convocatoria polo procedemento especial de urxencia que se indica a continuación, segundo Decreto da Presidencia de data 21 de xuño de 2017:
1.- Número e denominación da praza: un/unha tradutor/a de lingua galega.
2.- Tipo de contrato: eventual por circunstancias da produción.
3.- Duración do contrato: tres meses máximo.
4.- Sistema de selección: o procedemento selectivo será sempre o concurso, aplicándose para estes efectos o baremo establecido no artigo 6.1 da Ordenanza reguladora dos procedementos de selección de persoal funcionario interino e laboral temporal ao servizo da Deputación Provincial de Ourense (BOP 1 de agosto de 2014).
5.- Perfil requirido para a contratación: estar en posesión da titulación de grao en filoloxía galega ou equivalente.
6.- Prazo e lugar para a presentación de instancias: 5 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación no BOP (24/06/17) e na sede electrónica da deputación, no rexistro xeral de entrada de documentos da deputación provincial de Ourense, ou a través de calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Neste último caso, rógase que se envíe copia da instancia no número de fax (988 317502) á espera de recibir o orixinal por correo ordinario.

Se queres ollar as bases abre o pdf que está debaixo da fotografía

Volver