Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE TRABALLADOR/A SOCIAL NO CONCELLO DE BALTAR

13 Dec 2017

Trátase dun contrato temporal

O concello de Baltar publica no BOP do 13 de decembro a convocatoria para a contratación laboral temporal, segundo as bases aprobadas por resolución da Alcaldía da data 05/12/2017 para a praza dun/ha traballador/a social, con xornada a tempo completo. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado, sendo a duración do contrato deica o 31/12/2018. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. As retribucións totais serán de 1.179,50 €/mes (incluida pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación no BOP (13/12/17), no rexistro do concello ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal; http://baltar.sedelectronica.gal

Volver