Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE TÉCNIC@ NO CONCELLO DE VILARIÑO DE CONSO

14 Mai 2018

É un contrato de 3 meses

O concello de Vilariño de Conso, mediante resolución da alcaldía con data 8 de maio de 2018, publica no bop do 14 de maio o acordo de convocar e aprobar as bases reguladoras para a contratación de persoal laboral temporal dun/ha técnico de medio rural. A modalidade da contratación será contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa. A duración do contrato 3 meses, sendo o sistema de selección concurso-oposición. O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación no BOP, no rexistro do Concello de Vilariño ou segundo os medios previstos nas bases reguladoras. O texto completo das bases reguladoras publicarase no taboleiro de anuncios do concello e páxina web www.vilarinodeconso.es.
As contratacións están financiadas a través do Programa de cooperación en materia de empregabilidade para o exercicio de 2018, da Deputación Provincial de Ourense.

Volver