Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE SOCORRISTA NO CONCELLO DE RIOS

27 Xun 2017

A convocatoria faina a oficina de emprego de Verín

No BOP do 27 de xuño aparece publicado o anuncio de selección de persoal para provisión do posto de traballo de  socorrista/vixiante piscina municipal do concello de Riós. A alcaldía, mediante a resolución de data 22 de xuño de 2017, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente a unha persoa como socorrista/vixiante piscina municipal. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no concello e na páxina www.concelloderios.es Os/as interesados/as serán convocados pola Oficina de Emprego de Verín xa que se procedeu a presentar a oferta pública de emprego; posteriormente procederase a realizar o proceso de selección de acordo coas bases previstas na convocatoria.

Volver