Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE RECADADOR/A DE IMPOSTOS NO CONCELLO DE COLES

07 Dec 2018

É un posto temporal

O concello de Coles fai pública no BOP do 7 de decembro a convocatoria para a contratación laboral en cumprimento do Decreto da Alcaldía con data 03/12/2018 pra unha praza de recadador/a de impostos. A modalidade de contratación será contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado, a xornada completa 40 horas semanais. Traballará para o servizo de recadación e o sistema de selección é por concurso de méritos. A duración do contrato será até fin de servizo (31/12/2019). O salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias) é de 1.540,00 €. O prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no rexistro xeral do concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos.10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición dos interesados no taboleiro de edictos do concello de Coles e na súa sede electrónica www.concellodecoles.sedelectronica.gal

Volver