Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE PIÓN NO CONCELLO DE ENTRIMO

11 Xul 2018

É un contrato temporal

O concello de Entrimo fai pública no BOP do 11 de xullo a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía da data 05.04.2018. Trátase dunha praza de pión forestal para a formación das brigadas de prevención e defensa de incendios forestais. A modalidade de contratación será contrato laboral temporal por obra ou servizo determinado a xornada completa. A duración do contrato será de tres meses. O sistema de selección, concurso de méritos e as retribucións totais de 982,53 euros / mes brutos, incluída a parte proporcional das pagas extra. O prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Entrimo ou por calquera dos medios admitidos en dereito. O texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal: http://entrimo.sedelectronica.es

 

Volver