Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUNHA PRAZA DE MONITOR/A DEPORTIVO NO CONCELLO DE VILAMARÍN

09 Out 2019

Trátase dun contrato temporal a tempo parcial

O concello de Vilamarín fai público no BOP do 9 de outubro, unha vez aprobadas as bases que rexerán a contratación, por concurso, de 1 monitor/a deportivo para o ximnasio municipal, en réxime laboral temporal, 15 horas á semana, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
1. Número de prazas: 1
2. Denominación: monitor deportivo do ximnasio municipal.
3. Modalidade de contratación: contrato por obra ou servizo,de duración determinada, 15 horas á semana.
4. Sistema de selección: concurso.
5. Duración do contrato: desde a sinatura deste e ata o 14-05-2020.
6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello de Vilamarín, situado na avda. Santiago Apostol, núm. 5 (32101 – Vilamarín), en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica: vilamarin.sedelectronica.es

Volver