Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUNHA PRAZA DE MESTR@ DE MÚSICA NO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

01 Nov 2019

Necesitan cubrir temporalmente o posto de mestr@ de trompeta, tromba, trombón e tuba

O concello de Xinzo de Limia fai público no diario "La Región" do día 1 de novembro a oferta pola cal pretende seleccionar e contratar unha persoa mediante contrato laboral de interinidade para cubrir temporalmente o posto de mestr@ de trompeta, tromba, trombón e tuba por mor da suspensión do contrato de traballo por nacemento con reserva do posto de traballo, até a súa reincorporación, e posteriormente, de ser o caso, contrato eventual por circunstancias da producción para a cobertura de vacacións e permiso de nacemento previsto no convenio colectivo, axustándose ao sistema de baremos en vigor para o persoal laboral temporal, actualizado consonte ás previsións do Real Decreto Lexislativo 5/2015, polo que se aproba o Estatuto Básico do Empregado Publico, nas condicións que a continuación se detallan

Nº de prazas: 1.

Denominación da praza: Mestr@ de trompeta, tromba, trombón e tuba

Clase de persoal: laboral temporal

Modalidade de contrato temporal: lnterinidade e unha vez rematado este, posiblemente contrato eventual por circunstancias da producción para cubrir vacacións e permiso de nacemento

Duración: o contrato de interinidade abranguerá o periodo de suspensión do contrato de traballo por nacemento recollido na vixente lexislación que previsiblemente se iniciará a mediados de novembro do presente ano. O contrato eventual por circunstancias da producción, en caso de que chegue a celebrarse, iniciarase unha vez rematado o anterior periodo utilizarase para a cobertura das vacacións do traballador e os catro días de permiso por nacemento previsto no Convenio Colectivo, de xeito que a duración exacta de este segundo contrato se determinará no momento de proceder a contratación

Funcións: as propias que se deriven da natureza da praza ofertada

Requisitos imprescindibles:

a) Ter a nacionalídade española, ou de Estado Comunitario, ou ser cónxuxe de español ou de nacional de Estado Comunitario, ou ser extranxeiro con residencia legal en España.

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. Acreditación obrigatoria requerida: certificado médico.

c) Ter cumplidos dezaséis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionales ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públícos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso do personal laboral, no que tivera sido separado o inhabilitado. No caso de ser nacional de otro Estado, non atoparse Inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria o equivalente que Impida, no seu estado, nos mesmos termos ó acceso ó emprego público. Acreditaclón obrigatoria requenda: declaración de veracidade.

e) Titulación: Titulación Superior de Trompeta (LOE, LOXSE ou equivalentes) ou Titulación de Profesor/a de Plan 66 de Trompeta.

Instancias: En modelo oficial, que será facilitado aos interesados na Sede Electrónica do concello de Xinzo de Limia que se atopa na páxlna web do concello www.xinzodelimia.es  e que deberán presentarse no prazo de cinco dlas naturais dende o seguinte a aquel en que o anuncio de convocatoria sexa inserido no diario "La Región", advertindo que en caso de presentar a documentación por algún dos medios recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/20015, de 1 de outubro, os solicitantes deberán enviar fax ó concello advertindo deste extremo ó número 988550112, no prazo de cinco días naturais dende o seguinte á publicación deste anuncio no diario. Do contrario, a súa candidatura non se terá en conta no proceso selectivo.

Proceso selectivo: Mediante a avaliación dos méritos alegados, segundo os baremos que constan no Decreto de data 31/10/2019, en virtude do cal, se procede á convocatoria da presente contratación, que é obxecto de publicación no taboleiro de anuncios do concello e na Sede Electrónica do concello de Xinzo de Limia que se atopa na páxina web do concello www.xinzodelimia.es

Volver