Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE LIMPADOR/A NO CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

10 Xul 2017

Encargarase da limpeza no CEIP

O concello de Rairiz de Veiga fai pública no BOP do 10 de xullo a convocatoria para a contratación laboral de 1 auxiliar para a limpeza do CEIP do Concello de Rairiz de Veiga, que se indica a continuación, segundo decreto da alcaldesa de data 22.06.2017:
Número de prazas: 1.
Denominación: auxiliar de limpeza.
Duración: dende o 1 de setembro de 2017 ata fin do curso escolar 2017/2018 (ata o día 30/06/2018).
Contrato laboral a formalizar: obra ou servizo determinado Xornada laboral: completa, 40 horas semanais, de luns a venres.
Salario bruto mensual: 1.087,01 € (incluídos tódolos conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
Tarefas a realizar: limpeza do CEIP do Concello de Rairiz de Veiga.
Prazo e lugar para presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (10/7/17), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 h.
O texto íntegro das bases de selección están publicadas no tabloleiro de anuncios do concello

Volver