Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DUNHA PRAZA DE LIMPADOR/A NO CONCELLO DE COLES

02 Out 2017

Trátase dun contrato laboral temporal de interinidade

O concello de Coles fai pública no BOP do 2 de outubro a convocatoria de selección de persoal laboral temporal por concurso, en cumprimento do decreto da alcaldía con data 27/09/2017.
1. Número de prazas: 1.
2. Denominación: persoal de limpeza ou limpador/a.
3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal de interinidade.
4. Xornada: parcial, 20 horas semanais, de luns a venres.
5. Servizo: Servizo de limpeza.
6. Sistema de selección: concurso de méritos.
7. Duración do contrato: ata reincorporación da traballadora substituída.
8. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias): 487,32 €.
9. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: cinco días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Ourense (2/10/17), no rexistro xeral do concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos.
10. O texto íntegro das bases de selección está a disposición d@s interesad@s nas oficinas do concello de Coles (lugar Vilarchao, 34, 32152 Coles) e na súa páxina web www.concellodecoles.com

Volver