Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DUNHA PRAZA DE CHOFER NO CONCELLO DA BOLA

19 Xul 2019

É un contrato deica a fin de 2019

O concello da Bola fai público no BOP do 19 de xullo por resolución da alcaldesa, con data 16 de xullo do 2019, a aprobación das bases para a selección e posterior contratación dun/dunha chofer para transporte social e de persoas con mobilidade reducida.
Duración do contrato: até o 31/12/2019
Clase de persoal: laboral temporal
Prazo de presentación das solicitudes: nos tres días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, sábados de 10:00 a 13:00 horas, ou por calquera dos medios previstos na lei. Máis información nas bases da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello da Bola en horario de oficina.

Volver